Subvencións da Deputación da Coruña 2015

No Boletín Oficial da Provincia do día 27 de outubro, se publicaron as bases das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para o ano 2015.

No dito BOP se convocan subvencións para financiar a realización de actividades e investimentos nas áreas de cultura, deportes, servizos sociais e promoción económica e desenvolvemento turístico; cada un dos programas convocados réxese polas súas bases específicas e polas bases xerais, que regulan todas as convocatorias.

O prazo para a presentación de solicitudes comezou o luns 27 de octubro e remata o 20 de novembro de 2014, ás 14 horas.

Pódese consultar as bases e información das convocatorias, así como presentar a súa solicitude na páxina web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es) no apartado de Subvencións.

A Federación estrea web, e as ligas de base denominación

A Federación Galega de Fútbol ven de estrear una nova páxina web cun novo deseño e ademáis da información que xa viña ofrecendo, agora é posible consultar as actas online de tódolos encontros.

En virtude do patrocinio da empresa Movistar pasan a levar o nome de Liga Movistar as categorías de Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns. Ademáis tamen será o patrocinador das seleccións galegas de aficcionados, sub18, sub16 e fútbol praia. Tamén o equipo alevín que gañe a fase final terá como premio unha viaxe á Ciudad del Fútbol de Las Rozas para coñecer o Museo e as instalacións da Selección Española de Fútbol.

Subvencións aos clubs do Concello de Santiago

O pasado 28 de agosto, o Concello de Santiago abriu o prazo para que os clubs federados deste Concello puidesen solicitar subvencións para axudar a manter a súa actividade, ao igual que o ano pasado os clubs que só teñan categoría de afeccionados non poden optar a estas axudas pero a AFASEC chamoulle a atención o punto 4 correspondente ás Obrigas dos Beneficiarios onde no apartado E dí o seguinte:

 "Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario, e cantos estados contables e rexistros específicos sexan esixidos polas bases reguladoras coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control."

Ante estas esixencias ao noso parecer fora de todo lugar, puxémonos en contacto coa Asesoría Xurídica para que nos informase ao respecto e se legalmente o Concello de Santiago lle pode esixir ter as contas auditadas aos clubs e esta é a resposta:

"En resposta á consulta formulada a esta asesoría xurídica, debemos dicir o seguinte: Entendemos que a interpretación do artigo transcrito das subvencións de Santiago supón que só son esixibles as contas auditadas nos supostos nos que a normativa esixa a auditoría das contas, non en tódolos casos, polo que non é esixible cando a normativa contable e sectorial non o requiren. Sen outro particular, reciban un coridal saúdo."

Ben pois como a normativa das asociacións deportivas sen ánimo de lucro non esixe que as contas dos clubs estén auditadas, recordámoslles aos nosos asociados que o Concello de Santiago EN NINGÚN CASO vos pode denegar as axudas por non ter as contas auditadas.

Para calquer dúbida, poñedevos en contacto co voso vogal da zona: 651445755 (Diego Sande)

Zurich Seguros será a reaseguradora da Mutualidade

A Federación Galega de Fútbol ven de comunicarnos aos clubs que cambiou de compañía aseguradora. Será Zurich Seguros, polo que haberá un novo parte de lesións e pequenos cambios na forma de proceder.

Actuación en Caso de Accidente, Documentación a Presentar:
  1. Licencia Federativa en Vigor (Ficha)
  2. Fotocopia do Boletín de Cotización na que figura o Xogador Lesionado
  3. Parte de Lesións de Zurich (dispoñible en futgal.es) debidamente cuberto, asinado e selado polo club.
  4. Número de Expediente (necesario chamar ao número 902223133)
  5. Fotocopia da Acta do Partido ou se foi nun adestramento, Declaración Xurada do Adestrador.
Prazo máximo para solicitar asistencia é de 7 días dende que se produza o accidente.

RECORDADE QUE SE FALTA ALGÚN DESTES DOCUMENTOS VOS PODEDRÁN COBRAR UNHA FIANZA NO CENTRO SANITARIO CONCERTADO.

Descarga o Parte de Lesións AQUÍ

Chega o saúdo Fair Play ao fútbol modesto

Por acordo da Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol dende esta temporada será OBRIGATORIO realizar o xa coñecido saúdo Fair Play (pasamáns) ao comezo de tódolos encontros de fútbol-11.

O proceder será o seguinte:

No momento de sair ao campo deberán sair o/s árbitro/s e os dous equipos en fila encabezados polos capitáns e ordeados por orde numérica.
Árbitros e xogadores aliñaránse de cara á tribuna principal do campo situándose o equipo local á dereita dos colexiados e o visitante á esquerda.
Unha vez o árbitro dea a orde os xogadores do equipo visitante irán saudando, un a un, aos árbitros e xogadores do equipo local. Unha vez finalizado o saúdo do equipo visitante os xogadores do equipo local pasarán, un a un, a saudar ao trío arbitral.
Finalizado todo poderá dar comezo o encontro según o protocolo normal para o inicio dos encontros.


MINUTO DE SILENCIO

Tamén e con motivo do accidente ferroviario de Angrois, gardarase un minuto de silencio en favor dos falecidos e feridos na primiera xornada de tódolos grupos.

El Regate - Radio Obradoiro